Explicación: esta é a lea que fica cando explosiona unha estrela; a nebulosa do Cangrexo, o resultado dunha supernova ollada en filamentos misteriosos. Os filamentos son tremendamente complexos, pero semellan ter menos masa que a expulsada na supernova orixinal e a velocidade máis alta que a agardada para unha explosión libre. A imaxe publicada, tirada polo Telescopio Espacial Hubble, preséntase en tres cores escollidos polo seu interese científico. A nebulosa do Cangrexo abarca uns 10 anos luz. En pleno centro da nebulosa atópase un púlsar: unha estrela de neutróns tan masiva coma o Sol pero con tamaño dunha cidade pequena. O púlsar do Cangrexo rota unhas 30 veces por segundo.