Venres 19 Abril 2024

A nebulosa da Lagoa en H, S e O

Créditos da imaxe e copyright: John Nemcik
Créditos da imaxe e copyright: John Nemcik

Explicación: a maxestuosa nebulosa da Lagoa está chea de gas quente e alberga moitas estrelas novas. Abarcando 100 anos luz de diámetro mentres se atopa a tan só uns 5000 anos luz de distancia, a nebulosa da Lagoa é tan grande e brillante que pode ollarse sen telescopio cara a constelación do Arqueiro (Sagittarius). Poden verse moitas estrelas brillantes desde NGC 6530, un cúmulo aberto que se formou na nebulosa hai só varios millóns de anos. A nebulosa máis grande, tamén coñecida coma M8 e NGC 6523, é chamada “Lagoa” pola franxa de po que se olla á dereita do centro do cúmulo aberto. A imaxe publicada tirouse na luz emitida polo hidróxeno (amosado en marrón), xofre (vermello) e osíxeno (azul) e publicada en cores salientadas. A imaxe que se publica é unha panorámica procesada de novo de M8, capturando dúas veces o diámetro da Lúa chea. A formación de estrelas continúa na nebulosa da Lagoa como atestemuñan os moitos glóbulos que hai aí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón