Xoves 28 Marzo 2024

A nebulosa da Gamba

Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO/INAF/R. Colombari/E. Recurt, Procesado – R. Colombari
Créditos da imaxe e copyright: Datos – ESO/INAF/R. Colombari/E. Recurt, Procesado – R. Colombari

Explicación: ao sur de Antares, na cola da constelación Scorpius (rica en nebulosas), atópase a nebulosa de emisión IC 4628. As estrelas masivas, achegadas e quentes, con só millóns de anos de idade, irradian á nebulosa con luz ultravioleta invisible que arrinca os electróns dos átomos. Ao final, os electróns recombínanse cos átomos para producir o brillo nebular que ollamos, dominado pola emisión vermella do hidróxeno. A rexión, á distancia estimada de 6.000 anos luz, abarca unhas tres lúas cheas no ceo. A nebulosa tamén é catalogada coma Gum 56 polo astrónomo australiano Colin Stanley Gum, pero os astrónomos amantes do marisco poderían coñecer esta nube cósmica coma a nebulosa da Gamba. A sedutora imaxe en cor é unha nova composición astronómica que emprega datos do cámara de amplo campo OmegCAM do Observatorio Europeo Meridional (ESO) e imaxes de afeccionado feitas baixo os escuros ceos da illa canaria de Tenerife.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente