Venres 29 Marzo 2024

A nebulosa Cabeza de Meiga

Créditos da imaxe e copyright: Jeff Signorelli.
Créditos da imaxe e copyright: Jeff Signorelli.

Explicación:dalle e remexe ben os problemas; dalle lume e que o caldeiro burbulle…” quizais Macbeth debería ter consultado a nebulosa da Cabeza de Meiga. Esta harpía cósmica, unha nebulosa de reflexión, cunha forma suxerente, está a uns 800 anos luz de distancia. A súa faciana arrepiante semella relocir cara a achegada estrela brillante Rigel de Orión, xusto fóra do bordo dereito do cadro. Cun nome máis formal de IC 2118, a nube interestelar de po e gas ten case 70 anos de diámetro, cos seus grans de po reflectindo a luz estelar de Rigel. Neste retrato composto, a cor da nebulosa débese non só a intensa luz azulada senón a que os grans de po esparexen a luz azul de xeito máis eficiente que a vermella. O mesmo proceso físico fai que o ceo terrestre apareza azul durante o día, aínda que os difusores da atmosfera do planeta Terra son as moléculas de nitróxeno e osíxeno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente