Xoves 18 Abril 2024

A nebulosa Augamar

A nebulosa Augamar
Créditos da imaxe e copyright: European Southern Observatory, VLT.

Explicación: os filamentos serpeantes e entretecidos de gas brillante suxiren o nome popular desta nebulosa, a nebulosa Augamar. Tamén coñecida coma Abell 21, esta augamar é unha estraña nebulosa planetaria a uns 1.500 anos luz de distancia ao longo do bordo meridional da constelación Gemini. Como a súa homónima mitolóxica, a nebulosa está asociada cunha transformación espectacular. A fase de nebulosa planetaria representa o estadio final da evolución de estrelas de masa baixa coma o Sol, mentres se transforman por si mesmas desde xigantes vermellas en estrelas ananas brancas e quentes e o proceso desbota as súas capas máis externas. A radiación ultravioleta procedente da estrela quente fornece o brillo nebular. Unha estrela brillante en primeiro plano, sen relación, está preto do centro nesta imaxe telescópica de primeiro plano, mentres a estrela central en transformación da Augamar realmente é unha estrela máis tenue por baixo do centro e cara a parte dereita do cadro. Estímase que a nebulosa Augamar ten uns 4 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O colorido resultado dunha loita estelar

O telescopio ALMA, situado no deserto de Atacama, consegue captar a interacción entre unha estrela xigante que medrou ata engulir a súa veciña

Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Por que o ceo preto de Antares e Rho Ophiuchi está tan cheo de cor?

Sharpless 308: a burbulla estelar

Explicación: inflada polos ventos rápidos procedentes dunha estrela masiva e quente, esta...

O Messier 5 do Hubble

Explicación: “Fermosa nebulosa descuberta entre a Balanza e a Cobra...