Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

A NASA escolle a foto dun galego como a súa imaxe do día

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

A NASA escolleu hoxe a foto dun galego, Dani Caxete, como a súa imaxe do día. A instantánea recolle unha espectaclar Lúa chea e foi tomada na serra de Madrid. Caxete xa fora elixido pola NASA noutras dúas ocasións. Na primeira, cunha imaxe da Estación Espacial Internacional transitando sobre a Lúa. A segunda, coa súa foto do ‘banco máis bonito do mundo’ en Ortigueira. Agora, esta imaxe leva o título ‘Atopa un home na Lúa’. Dani Caxete é un astrofotógrafo galego afincado en Madrid  que ten recibido numerosos premios internacionais.

Este é o texto que hoxe publica a NASA:

Explicación: algunha vez viches ao Home na Lúa? Esta pregunta cotiá xoga coa habilidade dos humanos de ver pareidolias; imaxinar iconas familiares onde non existen realmente. A textura da superficia da Lúa chea da Terra alberga numerosas identificacións de obxectos icónicos, non só na moderna cultura occidental senón nofolclore mundial ao través da historia. Os exemplos, que dependen normalmente da orientación percibida da Lúa, inclúen á Muller da Lúa e ao Coello da Lúa. Un perfil facialidentificado comunmente como o Home na Lúa comeza imaxinando que as dúas áreas escuras circulares (os maria lunares), aquí xusto por riba do centro da Lúa, son os ollos. De xeito abraiante, realmente hai un home nesta fotografía da Lúa (unha ollada atenta desvelará unha persoa real) cun telesocpio; perfilada contra a Lúa. Esta imaxe publicada e ben planeada foi tirada a mediados de xaneiro desde Cadalso de los Vidrios en Madrid, (España). Tes algún obxecto favorito que vexas na Lúa?

Unha resposta a “A NASA escolle a foto dun galego como a súa imaxe do día”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.