Xoves 25 Abril 2024

A masiva e achegada galaxia espiral NGC 2841

A masiva e achegada galaxia espiral NGC 2841
Créditos da imaxe: Hubble, Subaru; Composición e copyright: Roberto Colombari.

Explicación: é unha das galaxias máis masivas coñecidas. A tan só 46 millóns de anos luz de distancia, a galaxia espiral NGC 2841 pode atoparse na constelación setentrional de Ursa Major. Esta imaxe definida do espectacular universo illa fachendea duns abraintes núcleos e discos galácticos amarelos. Os corredores de po, as pequenas e rosadas rexións de formación estelar e os cúmulos de estrelas azuis novas están incrustados nos brazos moi apretados e moteados. Por contra, moitas outras espirais exhiben brazos grandes e amplos con rexións de formación estelar grandes. NGC 2841 ten un diámetro duns 150.000 anos luz, incluso maior cá nosa propia Vía Láctea, captada por esta imaxe composta que fusiona exposicións desde o Telescopio Espacial Hubble en órbita de 2,4 metros e o Telescopio Subaru, en terra, de 8,2 metros. As imaxes en raios X suxiren que os ventos e as explosións estelares resultantes crean penachos de gas quente que se estenden nun halo ao redor de NGC 2841.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente