Xoves 28 Marzo 2024

A Lagoa fonda e ampla

Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker
Créditos da imaxe e copyright: Michael Miller, Jimmy Walker

Explicación: nas fonduras cósmicas e turbulentas da nebulosa Lagoa habitan cristas de brillante gas interestelar e escuras nubes de po. A brillante rexión de formación estelar, tamén coñecida coma M8, atópase a uns 5.000 anos luz de distancia. Pero aínda así é unha parada popular nas excursións telescópicas da constelación Sagittarius, cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. Esta abraiante e fonda vista, dominada pola desveladora emisión vermella dos átmos ionizados de hidróxeno que se recombinan cos electróns arrincados, ten case 100 anos luz de diámetro. A dereita do centro, a forma brillante e compacta de reloxo de area é o gas ionizado e esculpido pola potente radiación e os intensos ventos estelares procedentes unha estrela nova e masiva. De feito, as numerosas estrelas brillantes do cúmulo aberto NGC 6530 orzan no interior da nebulosa,formadas xusto na Lagoa hai varios millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente