Venres 19 Abril 2024

A labarada e a galaxia

Créditos da imaxe e copyright: Martin Mark.
Créditos da imaxe e copyright: Martin Mark.

Explicación: está guindando esta persoa un lóstrego? Non. A pesares das aparencias, realmente esta persoa está a apuntar na dirección dunha brillante labarada de Iridum, unha reflexión momentánea de luz solar nun satélite de comunicacións en órbita ao redor da Terra. Mentres o satélite Iridium orbita, as antenas de reflexión alíñanse entre o observador e o Sol para crear un flash máis brillante que calquera outra estrela do ceo nocturno. As labaradas de Iridium normalmente duran varios segundos, máis tempo cá maioría dos meteoros. Tamén, a diferencia dos meteoros, os destellos son simétricos epredicibles. O destello publicado involucrou ao satélite Iridium 15 e ocorreu sobre a Estonia meridional a semana pasada. Nesta fotografía ben planificada, un ceo nocturno espectacular aparece no fondo, completo coa franxa central da nosa galaxia Vía Lácteaque corre verticalmente polo centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón