Venres 29 Marzo 2024

A ISS e tamén Mercurio

Créditos da imaxe e copyright: Thierry Legault
Créditos da imaxe e copyright: Thierry Legault

Explicación: os tránsitos de Mercurio son relativamente raros. O pausado evento de 7,5 horas de duración do luns foi só o segundo dos 14 tránsitos de Mercurio deste século XXI. Aínda que se estás disposto a viaxar, os tránsitos da Estación Espacial Internacional (ISS) poden ser máis frecuentes e moito máis rápidos. Esta definida composición a partires de fotogramas dun vídeo foi tomada desde unha localización ben escollida en Filadelfia (EUA). Segue á estación espacial internacional, que se move desde a parte superior dereita ata a inferior esquerda, mentres cruzaba o disco do Sol en 0,6 segundos. Mercurio está incluído como a silueta case estacionaria, pequena e redonda, xusto por baixo do centro. En tamaño aparente, a Estación Espacial Internacional érguese en maior tamaño desde á órbita baixa terrestre, uns 450 quilómetros desde Filadelfia. Mercurio estaba a uns 84 millóns de quilómetros de distancia. (Nota do editor: o espectacular vídeo inclúe outro tránsito dobre, Mercurio e un avión Pilatus PC12. Incluso máis rápido que a ISS para cruzar o Sol, a aeronave estaba a 1 quilómetro de distancia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente