Créditos da imaxe e copyright: Carlos Fairbairn

Créditos da imaxe e copyright: Carlos Fairbairn.

A Gran Nube de Magallanes

Créditos da imaxe e copyright: Carlos Fairbairn

Créditos da imaxe e copyright: Carlos Fairbairn.

Explicación: o mariño portugués do século XVI Fernando de Magallanes e a súa tripulación tiveron tempo abondo para estudar o ceo meridional durante a primeira circunnavegación do planeta Terra. Como resultado, dous obxectos borrosos parecidos a nubes que se poden ollar de xeito sinxelo polos observadores celestes do hemisferio meridional son coñecidos como as Nubes de Magallanes, que agora sábese que son galaxias satélite da nosa galaxia espiral Vía Láctea, moito máis grande. A uns 160.000 anos luz de distancia na constelación Dorado, a Gran Nube de Magallanes (LMC) pode ollarse aquí nunha excelente imaxe fonda e chea de cor. Abarcando uns 15.000 anos luz aproximadamente, é a máis galaxia satélite da Vía Láctea con máis masa e fogar da supernova máis achegada da época moderna, SN 1987A. A mancha destacada por baixo do centro é 30 Doradus, tamén coñecida como a magnífica nebulosa Tarántula, unha xigante rexión de formación estelar cuns 1.000 anos luz de diámetro.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.