Venres 19 Abril 2024

A gran nebulosa Carina

Créditos da imaxe e copyright: Peter Ward (Barden Ridge Observatory)
Créditos da imaxe e copyright: Peter Ward (Barden Ridge Observatory)

Explicación: a gran nebulosa Carina, unha xoia do ceo meridional e coñecida tamén coma NGC 3372, espállase uns 300 300 anos luz, sendo unha das rexións de formación estelar máis grandes da nosa galaxia. A nebulosa Carina, como a máis pequena e máis norteña a gran nebulosa de Orión, pode ollarse de xeito sinxelo a simple vista, aínda que a unha distancia de 7.500 anos luz está unhas 5 veces máis lonxe. Esta excepcional primeiro plano telescópico desvela detalles destacados dos filamentos brillantes da rexión central de gas interestelar e nubes de po cósmico escurecedor. O campo de vista ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa Carina é o fogar de estrelas masivas novas e moi masivas, incluíndo ás estrelas do cúmulo aberto Trumpler 14 (por baixo e á dereita do centro) e a aínda enigmática variable Eta Carinae, unha estrela cunhas 100 veces a masa do Sol. Eta Carinae é a estrela máis brillante, ollándoa aquí xusto por riba da poeirenta nebulosa do Pecho (NGC 3324). Mentres poida que a propia Eta Carinae estea a piques de explosionar en forma de supernova, as imaxes en raios X indican que a gran nebulosa Carina ten sido de certo unha fábrica de supernovas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón