A Gran Muralla no luar

A Gran Muralla no luar

A Gran Muralla no luar

Créditos da imaxe e copyright: Francis Audet.

Explicación: o pasado venres, unha Lúa case chea erguíase mentres o Sol se puña sobre esta paisaxe montañosa ao norte de Beijing, China. Tamén preto do apoxeo, o punto máis afastado na súa órbita elíptica ao redor do planeta Terra, foi a Lúa chea máis miúda e tenue deste ano. A sección Jiankou da Gran Muralla Chinesa serpea pola escena, sendo a propia Gran Mulla tema dun mito anterior á era espacial que afirma que podería verse a simple vista cando se fica na superficie lunar. Pero incluso desde a órbita baixa da Terra, a gran escala do artefacto da civilización humana é moi difícil de identificar. A Lúa, no máis afastado do noso fermoso planeta, brilla moito no ceo do solpor, posando na banda tenue e rosada coñecida como o arco anticrepuscular ou o cinto de Venus.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.