Xoves 25 Abril 2024

A galaxia Roda de Carreta

Créditos da imaxe: ESA, NASA, Hubble
Créditos da imaxe: ESA, NASA, Hubble

Explicación: para algúns, parécese a unha roda de carreta. De feito, pola súa aparencia oval externa, a presenza dunha galaxia central maila súas conexións que semellan unha roda, a galaxia da dereita é coñecida coma a galaxia Roda de Carreta. Porén, para outros, semella unha complicada interacción entre galaxias agardando unha explicación. Xunto coas dúas galaxias da esquerda, a Roda de Carreta é parte dun grupo de galaxias a uns 400 millóns de anos luz de distancia na constelación Sculptor. O gran bordo da galaxia abarca uns 100.000 anos luz e está formado por rexións de formación estelar cheas de estrelas moi brillantes e masivas. Na fotografía, a forma de anel da Roda da Carreta é o resultado da perturbación gravitacional provocada por unha galaxia máis pequena que atraveso a maior, comprimindo o gas e po interestelares e provocando unha vaga de formación estelar que se move coma unha onda ao través da superficie dunha poza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang