Martes 23 Abril 2024

A galaxia Remuíño e máis alá

Créditos da imaxe e copyright: Álvaro Ibáñez Pérez
Créditos da imaxe e copyright: Álvaro Ibáñez Pérez

Explicación: segue o mango do Setestrelo cara fóra desde as catro estrelas do cadrilátero, ata que chegues á última estrela brillante do mango. Entón, só tes que esvarar o teu telescopio un pouco ao sur e oeste e poderías atopar esta parella extraordinaria de galaxias en interacción, a entrada 51ª do famoso catálogo de Charles Messier. Quizais a nebulosa espiral orixinal, a galaxia grande con estrutura espiral ben definida estea tamén catalogada coma NGC 5194. Os brazos espirais e os corredores de po varren claramente por diante da súa galaxia compañeira (esquerda), NGC 5195. A parella está a uns 31 millóns de anos luz de distancia e oficialmente dentro dos límites angulares da pequena constelación Canes Venatici. Aínda que M51 semella feble e borrosa ao ollo humano, a imaxe superior de campo fondo e longa exposición tirada a comezos deste ano amosa gran parte da complexidade tenue que arrodea realmente á galaxia máis pequena. Os milleiros de puntos pouco brillantes do fondo da fotografía publicada son en realidade galaxias afastadas por todo o universo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang