Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e copyright: Hunter Wilson

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e copyright: Hunter Wilson

A galaxia NGC 5866, de canto

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e copyright: Hunter Wilson

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e copyright: Hunter Wilson

Explicación: por que esta galaxia é tan delgada? Moitas galaxias de disco realmente son tan delgadas coma NGC 5866, fotografada enriba, pero non as ollamos de canto desde o noso punto de vista. Unha galaxia que se sitúa de canto é a nosa propia galaxia Vía Láctea. Clasificada coma unha galaxia lenticular, NGC 5866 ten numerosos e complexos corredores de po que aparecen escuros e vermellos, mentres que as moitas estrelas brillantes do disco danlle un ton subxacente máis azul. O disco azul de estrelas novas poden ollarse estendéndose por detrás do po do plano galáctico moi delgado, mentres que o bulbo do centro do disco semella tinguido máis laranxa polas estrelas máis vellas e avermelladas que probablemente están aí. Aínda que parecida en masa á nosa galaxia Vía Láctea, á luz lévalle uns 60.000 anos atravesar NGC 5866, máis ou menos un 30 por cento menos do que lle leva á luz atravesar a nosa propia Galaxia. En xeral, moitas galaxias de disco son moi delgadas porque o gas que as formou colisionou consigo mesmo mentres rotaba ao redor do centro gravitacional. A galaxia NGC 5866 atópase a uns 50 millóns de anos luz de distancia cara a constelación do Dragón (Draco).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.