Galaxia anel AM 0644-741

A galaxia anel AM 0644-741 desde o Hubble

Galaxia anel AM 0644-741

Créditos da imaxe: Hubble Heritage Team (AURA/STScI), J. Higdon (Cornell) ESA, NASA.

Explicación: como podería convertirse unha galaxia nunha forma de anel? O bordo da galaxia azul representada á dereita é unha inmensa estrutura similar a un anel de 150.000 anos luz de diámetro, composta de estrelas masivas, moi brillantes e formadas recentemente. Esa galaxia, AM 0644-741, é coñexida coma unha galaxia de anel e xerouse por unha inmensa colisión galáctica. Cando as galaxias chocan, pasan unha ao través da outra; as súas estrelas entran en contacto raras veces. A forma de anel é o resultado da perturbación gravitatoria provocada por unha pequena intrusa, unha galaxia completa, atravesando á maior. Cando ocorre isto, o gas e po interestelares condénsanse, provocando unha onda de formación estelar que se move desde o punto de impacto como unha onda pola superficie dun estanque. A galaxia intrusa está xusto no exterior da imaxe tirada polo Telescopio Espacial Hubble. Esta imaxe publicada tirouse para conmemorar o aniversario do lanzamento do Hubble en 1990. A galaxia anel AM 0644-741 atópase a uns 300 millóns de anos luz de distancia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.