Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

New Horizons retrata Plutón e Caronte

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Explicación:  sobrevivirá a nave espacial New Horizons ao seu achegamento máis próximo a Plutón e enviará de volta imaxes e datos útiles? A humanidade saberao nunhas poucas horas. Independentemente do ben que funcione, a rápida velocidade da New Horizon fará que pase a fume de carozo por Plutón e as súas lúas. O momento do seu achegamento máximo foi ás 11:50 TU (7:50 a.m. EDT). Aínda que para tirar mellor imaxes e datos, a sonda espacial automática foi preprogramada para ficar sen contacto coa Terra á mantenta ata as 1:00 a.m. TU do 15 de xullo máis ou menos, que se corresponde coas 9:00 p.m. EDT do 14 de xullo. Agora, a nave espacial, do tamaño dun piano, comunica de novo coas estacións base na Terra. Con sorte, nese intre, a New Horizons comezará a transmitir datos novos e clarificadores sobre un mundo que ficou remoto e misterioso desde o seu descubrimento hai 85 anos. Arriba publícase unha imaxe composta pola New Horizons da lúa Caronte (esquerda) e Plutón (dereita) tiradas hai 3 días, que xa amosan ámbolos mundos cun detalle sen precedentes.

Novidades do sobrevoo de Plutón: #PlutoFlyby, Twitter, Facebook, Web, NASA TV

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.