Créditos da imaxe: ESA, Hubble, R. Sahai (JPL), NASA

Créditos da imaxe: ESA, Hubble, R. Sahai (JPL), NASA

A extraordinaria espiral de LL Pegasi

A imaxe desta estrutura, denominada IRAS 23166+1655, foi tirada en luz do infravermello achegado polo Telescopio Espacial Hubble

Créditos da imaxe: ESA, Hubble, R. Sahai (JPL), NASA

Créditos da imaxe: ESA, Hubble, R. Sahai (JPL), NASA

Explicación: que creou a estraña estrutura espiral da esquerda? Ninguén está seguro, aínda que probablemente estea relacionada cunha estrela dun sistema estelar binario entrando na fase de nebulosa planetaria, cando a súa atmosfera máis externa é expulsada. A enorme espiral, que abarca máis ou menos un terzo dun ano luz de diámetro e ten catro ou cinco xiros serpeantes completos, ten unha regularidade sen precedente. Dada a velocidade de expansión dun gas en espiral, un capa nova debe aparecer unha vez cada 800 anos, o que encaixa moi ben co tempo que lle leva ás dúas estrelas orbitarse mutuamente. O sistema estelar que a creou coñécese comúnmente coma LL Pegasi, pero tamén AFGL 3068. A propia estrutura estraña ten sido catalogada coma IRAS 23166+1655. A imaxe publicada foi tirada en luz do infravermello achegado polo Telescopio Espacial Hubble. Por que a espiral brilla é un misterio por si mesmo, cunha hipótese destacada na que se debería a luz reflectida das estrelas achegadas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.