Sábado 20 Abril 2024

A eclipse no solpor

Créditos da imaxe e copyright: Luc Perrot (TWAN)
Créditos da imaxe e copyright: Luc Perrot (TWAN)

Explicación: a eclipse de setembro do Sol está documentada nesta composición en secuencia de 68 fotogramas. Comezando ás 13:00 hora local, unha instantánea cada 4 minutos segue o progreso da Lúa nova atravesando o disco solar. A serie de exposicións, tiradas preto da liña central do estreito camiño da eclipse, remata cun dourado solpor. Os milladoiros de pedras en equilibrio do primeiro plano fan unha liña na praia da beira meridional da illa Reunión do océano Índico, preto da vila de Etang-Salé. Por suposto, o equilibrio no tamaño aparente crea a emoción nas eclipses do Sol pola Lúa tal e como se ollan desde o planeta Terra. Nunha eclipse anular, a silueta da Lúa é xusto abondo pequena para amosar o disco solar coma un estreito anel de lume no máximo da fase de eclipse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada