Martes 16 Abril 2024

Atopa o cometa na noite estrelada de Van Gogh

Image Credit: Vincent van Gogh; Digital Collage & Copyright: Ronnie Warner
Image Credit: Vincent van Gogh; Digital Collage & Copyright: Ronnie Warner

Explicación: sabías que a pintura de van Gogh a Noite Estrelecida inclúe ao Cometa Hale-Bopp? Agardemos que non porque non é certo. Pero a imaxe publicada si que o ten. Aínda que a imaxe de hoxe poida aparecer nunha primeira ollada unha reprodución dixital fiel da Noite Estrelecida orixinal , realmente é unha revisión moderna coa intención non só de homenaxear un dos cadros máis famosos do segundo milenio; tamén para servir coma unha  busca do tesouro. Atopas na imaxe un cometa, unha galaxia espiral, un cúmulo aberto de estrelas, e  unha supernova? Demasiado doado? Vale, pois estón atopa os aneis da Supernova 1987A, a  nebulosa Esquimó, a nebulosa do Cangrexo, o Casco de Thor, a galaxia Roda de Carro, e a  nebulosa Formiga. Aínda demasiado sinxelo? Entón procura identificar algunha imaxe agochada máis non mencionada (e hai bastantes) no foro de discusión principal do APOD: The Asterisk. E para rematar, o collage agocha xentilmente a fotomontaxe de Vermeer polo décimo anoversario do APOD para rendir homaxe precisamente ao APOD. (Grazas!)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón