Venres 29 Marzo 2024

A achegada galaxia espiral NGC 4945

A achegada galaxia espiral NGC 4945
Créditos da imaxe e copyright: Petri Kehusmaa, Harlingten Atacama Observatory.

Explicación: a gran galaxia espiral NGC 4945 óllase de canto preto do centro deste retrato cósmico da galaxia. De feito, NGC 4945 case ten o tamaño da nosa propia galaxia Vía Láctea. O seu propio disco poeirento, os cúmulos de estrelas azuis nubes e as rexións de formación estelar rosadas saliéntanse nesta imaxe telescópica definida e chea de cor. A uns 13 millóns de anos luz de distancia cara a ampla constelación meridional de Centaurus, NGC 4945 está só unhas seis veces máis afastada ca Andrómeda, a gran galaxia espiral máis achegada á Vía Láctea. Aínda que a zona central da galaxia está moi agochada da vista con telescopios ópticos, as observacións de raios X e infravermellos apuntan a unha emisión de enerxía elevada significativa e formación estelar no núcleo de NGC 4945. O seu núcleo escuro pero activo cualifica ao espectacular universo illa coma unha galaxia Seyfert e aloxa un burato negro central supermasivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente