Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

80 quilómetros por Plutón

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Créditos da imaxe e copyright: NASA, Johns Hopkins Univ./APL, Southwest Research Inst.

Explicación: unha excursión de 80 quilómetros (50 millas) ao través de Plutón cubriría a distancia indicada pola barra de escala nesta fotografía abraiante. O terreo ecuatorial rugoso deste primeiro plano do mundo conxelado foi captado cando a sonda espacial New Horizons estaba a uns 77.000 quilómetros (47.800 millas) da superficie, 1,5 horas antes do seu achegamento máximo. As montañas, erguéndose ata unha altura estimada de 3.500 metros (11.000 pés), probablemente están compostas de xeo de auga. Probablemente tamén son novas, cunha idades estimada de 100 millóns de anos aproximadamente, baseándonos na ausencia aparente de cráteres, suxerindo ademais unha abraiante actividade xeolóxica. A rexión fotografada está preto da base do rasgo con forma de corazón, amplo e brillante, de Plutón.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.