Créditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence

Créditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence

50.000 kms sobre o Sol

Créditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence

Créditos da imaxe e copyright: Pete Lawrence

Explicación: que está a acontecer no bordo do Sol? Aínda que pode semellar un monstro enrabechado, o que está fotografado realmente é só unha prominencia monstro; unha vaíña delgada de gas mantida sobre a superficie polo campo magnético do Sol. O evento solar foi captado xusto esta fin de semana pasada cun telescopio pequeno, coa imaxe resultante invertida e en cores falsas. Como se indica coas liñas informativas, a prominencia érguese uns 50.000 quilómetros sobre a superficie solar, facendo que incluso os 12.700 quilómetros de diámetro da nosa Terra semelle pouco en comparación. Por baixo da prominencia monstruosa está a rexión activa 12585, mentres que os filamentos de cores claras poden ollarse penduradas sobre unha alfombra solar fluída de fibrilas. Realmente os filamentos son prominencias que se ollan contra o disco do Sol mentres que as fibrilas son en realidade espículas olladas contra o disco. Os eventos enerxéticos coma este están a facerse menos comúns mentres o Sol evolúe cara un mínimo no seu ciclo de actividade de 11 anos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.