25 aniversario do Hubble: os piares da creación

25 aniversario do Hubble: os Piares da Creación

25 aniversario do Hubble: os piares da creación

Créditos da imaxe: NASA, ESA mailo Hubble Heritage Team (STScI / AURA).

ExplicaciónPara celebrar os 25 anos (1990-2015) de exploración do Universo desde a órbita baixa da Terra, as cámaras do Telescopio Espacial Hubble usáronse para revisitar a súa imaxe máis icónica. O resultado é esta imaxe máis fonda e definida da rexión alcumada os Piares da Creación, fotografados por vez primeira polo Hubble en 1995. No máis fondo do interior están a formarse estrelas. As columnas dun ano luz de lonxitude de gas e po fríos están a uns 6.500 anos luz de distancia en M16, a nebulosa Aguia, cara a constelación Serpens. Os propios piares cósmicos, esculpidos e erosionados pola potente radiación ultravioleta e os fortes ventos das estrelas masivas e novas do cúmulo M16, están destinados a destruírse. Pero o contorno turbulento de formación estelar do interior de M16, dos que vemos uns detalles espectaculares nesta instantánea en luz visible do Hubble, probablemente sexa semellante ao contorno no que se formou o noso propio Sol.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.