Curiosity_Marte

1.000 soles

Curiosity_Marte

Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech; Procesado do mosaico: Marco Di Lorenzo, Kenneth Kremer.

Explicación: pouco antes da conxunción de Marte de xuño de 2015, o todoterreo Curiosity celebrou mil soles sobre o  planeta vermello. Trala aterraxe do 5 de agosto de 2012, o Sol ou día marciano número 1.000 do Curiosity sobre a superficie correspondeulle ao 31 de maio de 2015 no calendario da Terra. Como preto da conxunción a liña de visión de Marte está preto do Sol, as comunicacións por radio están afectadas polo que o todoterreo, do tamaño dun coche, fica aparcado. A imaxe mira para atrás, cara os 10,6 quilómetros pisados ata o de agora polo Curiosity; ao lonxe óllase o perfil borroso do cráter Gale. A  panorámica elaborouse con fotografías tiradas polas cámaras do Curiosity durante o sol 997.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.