Venres 19 Abril 2024

‘Brava galega’ e ‘Mansa galega’, primeiras variedades autóctonas de oliveira

As investigacións do grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dirixido por Carmen Martínez, permitiron o recoñecemento oficial de dúas variedades de oliveira autóctonas de Galicia, ‘Brava galega’ e ‘Mansa galega’, en virtude da resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do 23 de outubro de 2017.

A variedade Brava Galega.
A variedade Brava Galega.

Por primeira vez dúas variedades galegas de oliveira obteñen o recoñecemento oficial e legal. O patrimonio varietal da oliveira na comunidade autónoma, descoñecido ata a data, convértese así no máis occidental da Europa continental.

Publicidade

A súa recuperación ten un innegable interese no momento actual, no que o consumidor busca novos produtos de alta calidade, ligados ao terruño, así como prácticas de cultivo e elaboración saudables e respectuosas co medio ambiente.

A existencia de oliveiras e o seu cultivo en Galicia esténdese principalmente polo sur da provincia de Lugo e distintos puntos das provincias de Ourense e Pontevedra. Os olivareros, unha vez alcáncese a produción necesaria de planta, poderán comezar a plantar Brava Galega e Mansa Galega e a utilizar a denominación destas variedades nas etiquetas dos seus aceites embotellados.

Con arredor de 1.200 variedades descritas, das que só un pequeno número empréganse para producir aceites comerciais, España presenta a maior diversidade do mundo e é tamén primeira en superficie (Andalucía concentra o 62% do total).

O cultivo da oliveira en Galicia está documentado dende o século II a.C. 

O grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) abriu fai máis dun lustro unha liña de investigación sobre oliveira autóctona galego. A dirección Xeral de Gandería e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, a través de César Iglesias, presentou unha solicitude de recoñecemento oficial das descricións de Brava galega e Mansa galega aos responsables do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

A solicitude acompañouse do envío de datos científicos sobre as citadas variedades de oliveira por parte da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), que incluíron: a descrición botánica detallada das súas follas, características das olivas, dos ósos ou endocarpos, do seu perfil de ADN, etc., ademais de achegar referencias históricas sobre o seu cultivo, demostrar a existencia de exemplares centenarios e o emprego tradicional dos seus froitos para a elaboración de aceites.

A variedade Mansa Galega.
A variedade Mansa Galega.

Na actualidade está en marcha un proxecto de investigación financiado pola Fundación Juana de Veiga, cuxo obxectivo é continuar coa recuperación do oliveiral autóctono galego e a súa posta en valor. No marco deste proxecto a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) colabora coa Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia (APAG) e a Asociación de Viveristas do Noroeste (ASVINOR), para facilitar planta destas variedades ao sector o máis axiña posible, dacordo coas canles establecidas pola normativa vixente.

“Aínda que o noroeste de España non estaba considerado como área de cultivo tradicional desta especie, o cultivo da oliveira estivo presente desde tempos inmemoriais, sendo citada a súa existencia por Herrera en 1513 ou por Hidalgo-Tablada, en 1870. A importancia que a oliveira tivo na antigüidade nesta zona, queda patente pola existencia de numerosos restos arqueolóxicos, como lagares primitivos destinados ao prensado da oliva dos séculos I-II A. C.”, explica Carmen Martínez.

“A desaparición do cultivo en Galicia non foi debida á falta de calidade dos seus aceites, senón aos altos impostos sobre as oliveiras decretadas polo Conde Duque de Olivares na primeira metade do século XVII, tal e como se recolle na bibliografía”.

3 COMENTÁRIOS

  1. Gustarime ter un par de ejemplares de brava galega e mansa galega para que foran crecendo junto cos meus carballos e OS meus castiñeiros

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral